Camelia xapónica ‘Joshua E. Youtz’
Camellia japonica ‘Joshua E. Youtz’
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración no inverno e na primavera
Orixe: orixinada no Xapón en 1922 por Mr. Uyematsu, de Star Nursery.
Porte e altura: arbusto de porte aberto e de crecemento medio.
Follas: de cor verde clara brillante, con nervación moi marcada, moi onduladas e flexibles, duns 10 cm de longo e 6 cm de ancho, con forma elíptica, marxe serrada e ápice apuntado.
Flores: grandes, de entre 10 e 12,5 cm de diámetro, forma semidobre a peonia aberta, de cor branca, con arredor de 25 pétalos, os externos son cordados e os internos máis estreitos, coa marxe ondulada. Os filamentos dos estames son brancos e poden ter algún petaloide.
Outros datos: florece desde xaneiro ata maio.
Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental. Foi importada a EUA por Nuccio’s Nurseries, que a distribuíu como ‘White Daikagura’.
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.