Camelia xapónica 'Fimbriata'
Camellia japonica 'Fimbriata'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración no inverno e na primavera
Orixe: orixinada na China como sport de ‘Alba Plena’.
Porte e altura: planta de crecemento medio e porte lixeiramente aberto.
Follas: cor verde media brillante, duns 7,5 cm de longo e 3,5 cm de ancho, forma elíptica, flexible, ás veces con algún estreitamento e fendedura, coa marxe serrada e do ápice apuntado, en ocasións, acuminado.
Flores: duns 10 cm de diámetro, dobre formal imbricadas e de cor branca pura. Pode ter máis de cen pétalos, de forma elíptica, os externos máis grandes e os internos cóncavos, e van diminuíndo de tamaño cara ao centro da flor, coa marxe fimbriada.
Outros datos: florece desde finais de decembro ata maio.
Usos e curiosidades: é moi valorada como planta ornamental. É similar a ‘Alba Plena’ pero cos pétalos fimbriados. Chegou a Europa en 1816, traída por Colvil, un viveirista de King’s Road, en Chelsea (O Reino Unido).
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.