Camelia xapónica 'Eugenia de Montijo'
Camellia japonica 'Eugenia de Montijo'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: no inverno e na primavera
Orixe: España
Porte: arbusto moi compacto e vigoroso, con crecemento medio
Follas: elípticas, de 9 cm de longo e de 4 a 5 cm de ancho, de cor verde media
Flor: de forma dobre formal, de tamaño medio, e ao redor de 10 cm de diámetro, de cor vermella homoxénea. En raras ocasións poden ter forma de rosa, con algúns petaloides moi pequenos visibles cando a flor está completamente aberta, e mesmo con algún estame
Outros datos: floración temperá e moi longa; comeza xeralmente a mediados de decembro e prolóngase ata finais de maio e, mesmo, de xuño
Utilidades: é un cultivar moi valorado como ornamental. O seu nome débese á emperatriz Eugenia, esposa de Napoleón III. A primeira referencia escrita sobre esta camelia data de 1986, en Lles camélias, de Jean Laborey
Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma