Camelia xapónica 'Compacta Alba'
Camellia japonica 'Compacta Alba'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración no inverno e na primavera
Orixe: orixinada por Mr. Gaines en Londres (O Reino Unido) en 1839.
Porte e altura: arbusto denso e moi compacto, de porte erguido.
Follas: escuras, brillantes, de 8 ou 9 cm de longo e de 5,5 a 6 cm de ancho, forma elíptica, marxe dentada e ápice apuntado.
Flores: duns 10,5 cm de diámetro, dobre formal imbricadas, de cor branca pura, con numerosos pétalos grandes, redondeados e coa marxe lisa.
Outros datos: florece desde febreiro ata maio.
Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental.
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes.