Camelia xapónica 'Cara Mia'
Camellia japonica 'Cara Mia'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: no inverno e na primavera.
Orixe: Os Estados Unidos por Nuccio's Nursery, en 1943
Porte: arbusto de porte ergueito e semiaberto, de crecemento vigoroso
Follas: elípticas, de 8 cm de longo e de 4 a 5 cm de ancho, de cor verde media
Flor: semidobres, de tamaño mediano a grande, de ata 12 cm de diámetro; de cor rosa clara lixeiramente esvaecida cara á base dos pétalos. Teñen algúns petaloides no centro da flor mesturados con máis de 150 estames dispostos en fascículos, con anteras douradas e filamentos de cor crema
Outros datos: a súa floración é temperá ou de media estación e abarca desde decembro ata abril ou maio
Utilidades: a planta orixinal floreceu por primeira vez en 1955, aos 12 anos
Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes, tanto formais coma informais