Camelia xapónica 'Albear'
Camellia japonica 'Albear'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: no inverno e na primavera
Orixe: orixinado por José Diego Maciñeira a finais do século XX, no pazo Torre de Lama, Mañón (A Coruña)
Porte: arbusto ou pequena árbore moi ramificada que pode alcanzar 6 m de altura
Follas: ovadas, de 10 cm de longo e de 6,5 cm de ancho, escuras e moi brillantes
Froito: non forma
Flor: de tamaño mediano (8 cm de diámetro) e branco puro, dobre superposición formal, con pétalos redondeados e cóncavos
Outros datos: a floración comeza en decembro, pero non alcanza a plena floración ata xaneiro, e remata en abril
Utilidades: as follas son moi apreciadas nas florerías. Ten un crecemento erecto e unha forma redondeada, que adquire de maneira natural unha forma de bóla compacta
Necesidades: é un cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes, tanto formais coma informais, e mesmo para topiarios