Camelia williamsii 'Mary Phoebe Taylor'
Camellia x williamsii 'Mary Phoebe Taylor'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración: no inverno e na primavera
Orixe: Nova Zelandia, na segunda metade do século XX
Porte: arbusto ou pequena árbore de porte aberto, moi ramificada e de crecemento rápido e moi vigoroso
Follas: lanceoladas, duns 8 cm de longo e de 3 a 4 cm de ancho, de cor verde escura e marxe profundamente serrada
Froito: grande e globoso, rugoso
Flor: semidobres, grandes, de ata 13 cm de diámetro, e de cor rosa clara no centro e máis escura na marxe dos pétalos. A cantidade de petaloides varía desde uns poucos a máis de 50; os estames son moi numerosos e con filamentos de cor crema
Outros datos: a floración é moi longa e abundante; as primeiras flores aparecen en decembro e esténdese ata maio
Utilidades: as primeiras flores víronse en 1965; a primeira referencia a este cultivar publicouse no New Zealand Camellia Bulletin, en 1975
Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes, tanto formais coma informais