Camelia sasanqua 'Kenkyo'
Camellia sasanqua 'Kenkyo'
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración no outono e no inverno
Orixe: orixinada no Xapón en 1898.
Porte e altura: arbusto ou pequena árbore de ata 6 m de altura, vigorosa e resistente, de crecemento rápido e porte lixeiramente aberto.
Follas: escuras, duns 5 cm de longo e 2 cm de ancho, lanceoladas a elípticas, coa marxe dentada a serrada e co ápice apuntado.
Flores: brancas, de 8 a 9 cm de diámetro, de 6 a 8 pétalos, coa marxe ondulada, irregular e escotada.
Froito: cápsula ovoide e rugosa.
Outros datos: floración moi longa que se estende de setembro a decembro.
Usos e curiosidades: cultívase como planta ornamental; é moi aromática.
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes.