Camelia longicarpa
Camellia longicarpa
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración no inverno e na primavera
Orixe: especie nativa da provincia de Sichuan (A China).
Porte e altura: arbusto ou pequena árbore de ata 3 m de altura no seu hábitat natural.
Follas: co pecíolo pubescente de 3 a 5 mm, elípticas, coa marxe serrada cara ao extremo superior e máis lisa cara á base, ápice acuminado ou caudado, base cuneiforme, de 6 a 9 cm de longo e de 2 a 3 cm de ancho.
Flores: brancas, terminais, de 3 a 4 cm de diámetro, simples ou semidobres, con 6 a 8 pétalos ovados a redondeados.
Froito: cápsula ovoide, de 2 ,5 cm de longo e 3 lóculos no seu interior.
Outros datos: floración moi abundante, desde o inverno ata principios da primavera.
Usos e curiosidades: cultívase como planta ornamental; é moi aromática.
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.