Camelia xapónica ‘Madame Martin Cachet’
Camellia japonica ‘Madame Martin Cachet’
Familia: Theaceae
Arbusto perenne
Floración no inverno e na primavera
Orixe: orixinada en Francia ao redor de 1914.
Porte e altura: planta vigorosa de crecemento medio e porte erguido.
Follas: escuras e brillantes, duns 10 cm de longo e 5 cm de ancho, con forma elíptica, marxe dentada e ápice apuntado.
Flores: de 9 cm de diámetro, cor vermella-rosa viva, forma de peonia, con 12 pétalos redondeados ou irregulares, coa marxe incisa e ondulada. Con numerosos petaloides que forman unha masa compacta entre a que se ven estames con filamentos de cor amarela clara.
Outros datos: floración moi abundante, desde xaneiro ata finais de marzo ou principios de abril.
Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental.
Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.