Calicanto de inverno (cast. calicanto de invierno)
Chimonanthus praecox(L.) Link
Familia:Calycanthaceae
Arbusto caducifolio
Orixe: China.
Porte e altura: pode acadar os 4 m de altura; de porte aberto e irregular.
Follas: simples, ovaladas, de ápice apuntado ou acuminado, e de cor verde media.
Flores: sésiles, formadas por numerosos pétalos (en realidade, tépalos, xa que carecen de cáliz), de cor amarela clara no exterior e vermella no interior, fragrantes, de textura cerosa e moi decorativas. Florecen no inverno, cando o arbusto aínda non ten follas.
Froito: carnoso e alongado, conserva parte da flor no extremo.
Utilidades e curiosidades: especie moi valorada pola súa floración aromática invernal. Na China é apreciada polas súas propiedades medicinais e tamén se usa para obter aceites esenciais, que se empregan en cosmética e perfumería e para darlle sabor ao té.
Necesidades e cultivo: especie de baixo mantemento e crecemento lento que prefire exposicións a pleno sol, o que favorece a floración, e lugares protexidos do frío e do vento. Soporta ben o frío, pero medra mellor en climas tépedos. Desenvólvese ben en moitos tipos de solo, pero os prefire calcarios, húmidos, lixeiros e con boa drenaxe. Admite unha poda lixeira, que se recomenda despois da floración, pero non cando a planta é nova para evitar o retraso da floración.