Brilantísima (cast. coprosma, brillantísima)

Coprosma repens A. Rich.

Brilantísima

Familia: Rubiaceae

Arbusto perenne

Orixe: Australia e Nova Zelandia.

Porte e altura: arbusto de porte rastreiro, moi ramificado, que pode acadar os 3 m de altura se non se poda.

Follas: ovaladas, perennes, brillantes; a coloración depende da variedade: poden ser verdes, verdes con variegacións de cor amarela, rosa ou vermella.

Flores: de cor branca verdosa, moi pequenas, non teñen valor ornamental.

Froito: pequeno, de cor amarela ou laranxa, decorativo.

Outros datos: arbusto de crecemento rápido.

Utilidades e curiosidades: o seu uso só é ornamental e é amplamente cultivado. Recoméndase en aliñacións para formar sebes, bordos, macizos e rocallas. É útil como tapizante denso e para controlar a erosión, e apto para lugares costeiros.

Necesidades e cultivo: non é exixente co solo; medra ben en todo tipo de solos ben drenados. Require rega moderada e unha exposición a pleno sol ou semisombra; tolera o vento e o frío, pero non as xeadas persistentes. É resistente á seca e á salinidade elevada, e tamén á poda.