Bandeira española
Lantana camara L.
Familia: Verbenaceae
Arbusto perenne
Orixe: América tropical e subtropical
Porte: arbustivo
Follas: perennes, simples, opostas, de ovadas a oblongas, de marxe dentada. Son pubescentes en ambas as caras, rugosas, coa parte superior verde escura e áspera, máis clara no envés; presentan un aroma característico
Froito: é unha drupa esférica duns 5 mm de diámetro, de cor verde intensa, que se volve negra brillante na súa madurez
Flor: pequenas, cun tubo delgado e co primeiro extremo de cor amarela, despois laranxa e finalmente vermellas; esta variación comeza desde o bordo exterior cara ao centro da inflorescencia, e coexisten flores das tres cores. Están agrupadas en cimas capituliformes densas e axilares
Outros datos: especie de rápido crecemento
Utilidades: moi valorada como planta ornamental pola súa longa floración multicolor. Existe unha gran cantidade de variedades de porte erecto ou rastreiro e que presentan outras cores, coma o branco, o rosa...
Necesidades: o clima máis apropiado para o seu cultivo é o de tipo tropical ou mediterráneo. Desenvólvese ben en lugares soleados e adáptanse ben a calquera tipo de solo, pero prefiren os fértiles. Resisten as secas