Arce xaponés

Acer palmatum Thunb.

Arce xapones

Familia:Sapindaceae

Árbore caducifolia

Floración: primaveral. Coloración outonal

Orixe: O Xapón, A China e Corea

Porte: pode acadar entre 6 e 7 m de altura dependendo da variedade

Follas: caducas, palmadas, con 5 a 9 lóbulos profundos, de cor verde, que se tornan brillantes no outono. Tamén hai variedades de cor vermella

Froito: dobre sámara, de 2 cm de lonxitude, con alas en ángulo obtuso

Flor: purpúreas, dispostas en panículas

Outros datos: a súa casca é lisa, parda ou agrisada con liñas pálidas

Utilidades: de gran valor ornamental. É unha especie cultivada desde hai moito tempo no Xapón, o que orixinou numerosos cultivares (ao redor de 250). É moi empregada para facer bonsáis

Necesidades: é común que as puntas das follas sequen con facilidade tanto polo sol coma pola exposición a correntes de vento seco; por iso, o mellor lugar de plantación é unha zona fresca de semisombra con moita claridade. Soporta ben as xeadas ata –10 ºC, xa que necesita pasar un período de frío para que brote correctamente. As súas raíces non soportan a seca e necesitan humidade regular e permanente. Recoméndase fertilizala en primavera