Árbore paraugas (cast. árbol paraguas)

Magnolia tripetala (L.) L.

Árbore paraugas

Familia:Magnoliaceae

Árbore caducifolia

Orixe: Estados Unidos.

Porte e altura: pode superar os 12 m de altura; a súa copa é ampla e estendida.

Follas: de gran tamaño, de ata 50 cm, entre elípticas e ovales, co ápice apuntado e base aguda; brandas (non coriáceas), agrupadas cara ao final das ramas en falsos verticilos. Lixeiramente pubescentes no envés.

Flores: grandes, de 10 a 12 cm de diámetro, con entre 9 e 10 tépalos de cor branca verdosa. Aparecen despois das follas na primavera.
Froito: erecto, de cor rosa avermellada, con sementes de cor escarlata.

Utilidades e curiosidades: moi valoradas para uso ornamental, destacan as súas grandes follas de cor verde claro e as súas flores de gran tamaño. Adoita empregarse como árbore ornamental en xardíns con espazo suficiente para desenvolver ben a súa copa. A súa madeira é lixeira e branda.

Necesidades e cultivo: prefire solos ácidos e ricos en materia orgánica, e exposicións soleadas e protexidas de ventos fortes.