Árbore dos amorodos

Cornus capitata Wall.

Árbore dos amorodos

Familia:Cornaceae

Árbore perenne

Floración: de abril a maio

Especie: monoica, flores hermafroditas

Orixe: leste de Asia, desde O Himalaia ata A China

Porte: ás veces con porte arbustivo; pode acadar entre 8 e 10 m de altura

Follas: opostas, coriáceas, de estreitas a amplamente elípticas, cuneiformes en ambos os extremos. Limbo de cor verde brillante e cuberto en ambas as caras de densa pilosidade

Froito: semella un amorodo, pola forma e pola cor vermella; a polpa de cor amarela-alaranxada é comestible, pero de pouca calidade. Contén numerosas sementes e madura en outono

Flor: os pétalos (de 4 a 6) que conforman as flores son, en realidade, brácteas de cor branca, amarela xofre ou rosada

Utilidades: especie de interese ornamental polas súas flores e polos seus froitos. Adoitan empregarse como exemplares illados ou en pequenos grupos cun porte arbustivo. Tamén se lle chama vulgarmente árbore dos amorodos

Necesidades: desenvólvense ben en exposicións de semisombra ou de pleno sol en climas tépedos. Resisten ben as xeadas. Precisan solos ben drenados e ricos en materia orgánica para que reteñan a humidade; non soporta ben a seca