Árbore do coral

Erythrina crista-galli L.

Árbore do coral

Familia:Leguminosae

Árbore caducifolia

Floración: en primavera e verán

Orixe: orixinaria de Paraguai, O Brasil, A Arxentina e O Uruguai; nos dous últimos, a súa flor é un dos distintivos nacionais.

Porte: pode acadar entre 6 e 7 m de altura

Follas: trifoliadas, ovado u oblongo-lanceoladas, de 9 a 13 cm de lonxitude, enteiras, acuminadas e glabras. Presentan pequenas espiñas nos talos e nos pecíolos.

Froito: legume leñosa de 15a 20 cm de lonxitude, cor castaña escura, forma cilíndrica e algo curvada. Dentro ten ata seis sementes de cor denegrida e forma de ril

Flor: atópanse dispostas en acios terminais; de cor vermella intensa e textura carnosa

Outros datos: a súa casca é grosa, moi rugosa e gretada. O seu tronco ten tendencia a crecer retorto

Utilidades: emprégase como árbore ornamental, plantada de xeito illado pola súa espectacular floración. A súa madeira é débil, liviá, porosa e pouco duradeira; úsase para fabricar artesanías en tallas e molduras e boias de pesca. Das súas flores extráese un colorante vermello que se utiliza para tinguir teas

Necesidades: sofre coas xeadas. As ramas floríferas secan no inverno, polo que é importante eliminalas