Árbore do amor (cast. árbol del amor, árbol de Judas)
Cercis siliquastum L.
Familia: Leguminoseae
Árbore caducifolia
Orixe: rexión mediterránea oriental.
Porte e altura: pode acadar os 8 m de altura; o seu tronco é retorcido e a súa copa, irregular e globosa, coa ramaxe tortuosa.
Follas: caducas, simples, alternas, pecioladas, con forma entre redondeada e cordiforme, e co ápice redondeado; de cor verde pola parte superior e esbrancuxadas polo envés.
Flores: de cor rosa-púrpura (branca no caso do cultivar ‘Alba’), pequenas, dispostas en acios de 3 a 6 flores. Florecen a finais do inverno ou a comezos da primavera.
Froito: vaíñas alongadas e moi comprimidas ou aplanadas, de cor marrón avermellada, non moi longas, de ata 10 cm. Maduran en outono e mantéñense durante moito tempo na árbore.
Outros datos: a súa cortiza é lisa e agrisada ao principio, e escurece e tórnase rugosa e gretada lonxitudinalmente cos anos.
Utilidades e curiosidades: a súa madeira é pouco resistente, torce e dobra con moita facilidade, polo que o seu uso principal é ornamental.
mprégase en aliñacións e como exemplar illado; non necesita moito espazo porque a súa copa non é moi ampla. Destaca a súa floración abundante e vistosa, que ten lugar antes de aparecer as follas, singulares pola súa forma de corazón. As súas flores son comestibles.
Necesidades e cultivo: medra ben en solos ácidos ou alcalinos, e resiste a seca e o frío. É necesaria a poda para obter unha boa floración. Ten tendencia a medrar de forma arbustiva e xerar moita rama baixa; para obter unha árbore con tronco recto, cómpre facer unha boa poda de formación desde ben nova.