Árbore da seda
Albizia julibrissin Durazz.
Familia: Leguminosae
Árbore caducifolia
Floración: longa, de xuño a setembro
Orixe: Asia, desde Irán ata a China e o Xapón
Porte: o seu porte é aparasolado, é o dobre de ancha que de alta, coas pólas dispostas horizontalmente; pode acadar entre os 12 e os 14 m de altura
Follas: caducas, compostas, varias veces pinnadas, con numerosos folíolos asimétricos
Froito: vaíñas alongadas e moi comprimidas ou aplanadas, de ata 20 cm de lonxitude. Maduran en outono e mantéñense durante moito tempo na árbore
Flor: agrúpanse en inflorescencias máis ou menos globosas, carecen de pétalos e destacan polos seus estames longos e abundantes de cor rosa, que lle dan un aspecto plumoso ou sedoso
Outros datos: a súa casca é lisa, de cor agrisada. Non é unha especie lonxeva, xa que vive ao redor de 25 anos
Utilidades: emprégase como planta ornamental e destaca pola súa floración abundante e vistosa e o seu porte aparasolado. A súa madeira é de pouca calidade. Tamén se usa como árbore de sombra. Introduciuse en Europa no século XVIII polo naturalista Filippo degli Albizzi
Necesidades: require climas tépedos, aínda que soporta xeadas medias non continuadas. A altitude idónea é entre 100 e 1000 m sobre o nivel do mar. Non resiste ben os ventos. Pode plantarse a pleno sol ou en semisombra. Admite a poda, pero só é necesaria para controlar a forma da copa. Soporta a contaminación urbana, pero non a industrial