Arazán vermello
Psidium cattleianum Afzel. ex Sabine
Familia: Myrtaceae
Árbore perenne
Especie: monoica, hermafrodita
Floración: a finais de primavera
Orixe: orixinario do Brasil e de Uruguai.
Porte e altura: arbusto arbóreo que pode alcanzar os 7 m de altura; de porte redondeado e copa non moi densa.
Follas: persistentes, opostas e elípticas; son de cor verde brillante.
Flores: hermafroditas, de cor crema e de pequeno tamaño (1 cm).
Froito: baga de entre 2 e 4 cm de diámetro con numerosas sementes. A pel é fina, de cor vermella ou vermella-púrpura. A súa polpa, de sabor ácido ou agridoce, é carnosa, branca no centro, rica en vitamina C e de alto contido en calcio, ferro e potasio. O seu sabor lembra o da fresa.
Outros datos: pode reproducirse por semente ou por calquera dos métodos de propagación vexetativa.
Utilidades e curiosidades: ademais do seu valor como árbore froiteira, tamén se utiliza como ornamental. O marco de plantación adecuado é de 4 m entre plantas na mesma ringleira e de 5 a 6 m entre filas. O froito madura gradualmente desde setembro ata decembro.
Necesidades e cultivo: adáptase ben a climas temperados e a diferentes tipos de solos, aínda que son óptimos os areosos, soltos, con humidade e ben drenados. Resiste xeadas débiles non continuadas. É necesaria unha poda que permita eliminar o exceso de ramas na parte central da árbore para favorecer a circulación de aire e a entrada da luz solar. Debe fertilizarse na primavera segundo as deficiencias do solo en nitróxeno. A planta entra en produción a partir do terceiro ano.