Araucaria do Brasil

Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze

Araucaria do Brasil

Familia:Araucariaceae

Árbore perenne

Especie dioica

Orixe: sur do Brasil e norte da Arxentina

Porte: con porte en forma de candelabro, pode acadar os 35 m de altura. As ramas sitúanse na parte superior do tronco e son ascendentes

Follas: aciculares, coriáceas, non ríxidas. Sitúanse agrupadas ao final das ramas

Froito: piñas grosas, de ata 15 cm de lonxitude, conformadas por escamas que rematan en punta recurvada

Outros datos: a súa casca exfóliase en delgadas escamas horizontais. A madeira é de cor marrón, ás veces con franxas de cor vermella brillante

Utilidades: as súas sementes son comestibles. A súa madeira é fácil de traballar e no seu lugar de orixe utilízase na construción. Cultívase tamén en xardíns como exemplar illado

Necesidades: especie heliofítica; prefire climas suaves, cálidos e tépedos, e tamén solos acedos, profundos e con boa drenaxe