Aralia, fatsia
Fatsia japonica (Thunb. Decne et Planch.)
Nome común: aralia, fatsia
Familia: Araliaceae
Arbusto perennifolio
Orixe: nativo da China, o Xapón e Taiwan
Porte e altura: de porte arbustivo e tamaño medio, conta cun hábito aberto, de talo escasamente ramificado. Pode acadar os 5 m de altura.
Follas: palmeadas e lobuladas, grandes, de ata 45 cm de diámetro e de cor verde brillante intenso.
Flor: pequena, de cor branca verdosa, dispostas en umbelas.
Froito: bagas globosas, de pequeno tamaño, dispostas en umbelas e que ao madurar tornan a cor negra.
Utilidades e curiosidades: empregada como arbusto ornamental tanto en interior coma en exterior.
Necesidades e cultivo: de crecemento rápido. Moi resistente, aínda que nas zonas de clima frío debe protexerse dos ventos fortes. Soporta a exposición directa ao sol e á sombra e require de solos fértiles, húmidos e de boa drenaxe.