Abutilon (cast. farolito japonés)
Abutilon pictum(Gillies ex Hook.) Walp.
Familia:Malvaceae
Arbusto semiperenne
Orixe: América do Sur
Porte e altura: arbusto moi ramificado, de ramas flexibles, que pode acadar os 2 m de altura.
Follas: de 5 a 12 cm, palmatilobadas, con entre 3 e 5 lóbulos triangulares, de ápices agudos ou acuminados e marxe toscamente serrada. Pubescentes, sobre todo no envés. De cor verde e con manchas amarelas.
Flores: solitarias, con forma acampanada, colgantes, dispostas sobre pedúnculos axilares. De cores que van do amarelo ao laranxa, cos nervios avermellados ou de cor máis intensa. Floración extensa entre primavera e outono.
Utilidades e curiosidades: o seu uso é exclusivamente ornamental; pódese empregar como exemplar illado, para formar macizos arbustivos ou plantar en maceta. Serve como planta de exterior ou interior, e é decorativa polo seu cromatismo.
Necesidades e cultivo: é unha especie de rápido crecemento; require solo fértil, húmido e con boa drenaxe. Necesita luz para florecer; pode plantarse en zonas expostas ao sol directo ou en semisombra. Resiste as xeadas suaves, pero se lle caen as follas se estas son continuadas, polo que perde interese ornamental. Para manter un porte compacto é recomendable podar ou pinzar as xemas terminais para favorecer unha boa ramificación ao rematar o inverno.