Abeto vermello
Picea abies (L.) H. Kars
Familia: Pinaceae
Árbore perennifolia
Orixe: norte e centro de Europa, onde forma amplas masas boscosas. Desde o punto de vista económico, é a especie europea máis importante
Porte: copa cónica; pode acadar os 50 m de altura
Follas: aciculares, un pouco punzantes, de sección cuadrangular, algo curvadas cara á rama e dispostas helicoidalmente (en cepillo), unha en cada nó
Froito: os conos son grandes, alongados e colgantes. Na axila de cada escama hai dúas sementes provistas de longas ás
Outros datos: a súa cortiza avermellada é lisa con bochas de resina, que se greta coa idade. Nas pólas vellas as cicatrices que deixan as follas caídas son pequenos mamelóns prominentes
Utilidades: en España emprégase con frecuencia como planta ornamental nos xardíns e véndese como árbore de Nadal. Tamén se pode atopar nos montes en antigas parcelas forestais no norte de España. A súa madeira é branca-amarelada e utilízase en construción, carpintería e ebanistería como armazón de instrumentos musicais; por exemplo, os coñecidos violíns Stradivarius fabrícanse a partir da súa madeira. É unha especie de crecemento lento. Son moi empregados os cultivares: 'Conica', 'Nana', 'Procumbens', 'Pumila' e 'Pygmaea', entre outros
Necesidades: require climas húmidos con influencia fría. Prefire solos profundos e capaces de reter unha boa concentración de humidade. Sensible a xeadas tardías e á seca continuada. Debe plantarse a pleno sol ou a media sombra