#PríncipeFelipe
Escola Infantil de Príncipe Felipe
0-3 anos
A Escola Infantil de 0 a 3 anos da Deputación de Pontevedra constitúe un servizo público educativo para a primeira infancia; cumpre unha función social e educativa, proporciónalles ás súas usuarias e usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social, a través dun programa global que garante o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral das nenas e nenos.
Pretende cooperar coas nais, pais e representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir unha mellor integración entre o centro e as familias.
Instalacións
A Escola Infantil atópase no Centro Príncipe Felipe. Consta de oito aulas, unha para cada grupo de idade.
Nas aulas de 2 e 3 anos o lavabo está adaptado ós nenos.
Nas aulas de 0 a 1 e de 1 a 2, ademais dunha zona de aseo diferenciada, hai unha de descanso. A cociña, que se encarga de elaborar os menús, é a do CIPF.
Esta Escola Infantil tamén dispón de despacho de dirección e recepción, sala de reunións para profesores e pais, un vestíbulo e distribuidor, unha aula de usos múltiples (entre os usos máis destacados atopamos o de aula audiovisual ou de psicomotricidade e comedor) e baños para o persoal, un deles para discapacitados.
Conta cun patio exterior ó que se accede pola porta principal do edificio. O exterior está tratado con materiais adecuados para o seu uso; ten zona de xogos, soportal e xardín con herba. Toda a edificación, de 487,32 m2, pertence á Deputación de Pontevedra.
Servizos e horarios
- Atención e coidado dos nenos de 0 a 3 anos
- Servizo de comedor, que inclúe o almorzo, xantar, merenda e cea
- Servizo complementario diúrno
- Servizo médico de urxencia propio do centro
Niveis educativos que escolariza: número de unidades
- Primeiro ciclo de Educación Infantil
- De 0 a 1 anos de idade: 1 unidade
- De 1 a 2 anos de idade: 3 unidades
- De 2 a 3 anos de idade: 1 unidade
- De 1 a 3 anos de idade: 1 unidade mixta
Total: 6 unidades
Horario do centro: de luns a venres, en horario ininterrompido, de 7:30 a 22:30 h
Matrícula
Bases que regulan a admisión das persoas usuarias na escola infantil de 0-3 anos do Centro Príncipe Felipe para o curso 2024/2025.
O obxecto destas bases é, en consonancia co previsto no Regulamento de organización e funcionamento da escola infantil do Centro Príncipe Felipe, desenvolver e levar a cabo a convocatoria anual para o acceso á escola infantil das nenas e nenos de 3 meses a 3 anos regulada nestas bases.
- Bases (BOPPO 15/05/2024)
- Formulario de admisión en sede.depo.gal
- Formulario de matrícula en sede.depo.gal
- Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as (14/06/2024)
- Listaxe provisional de adxudicación de prazas (02/07/2024)
- Listaxe definitiva de adxudicación de prazas e inicio do prazo de matrícula (15/07/2024)
- Datas de peche da Escola Infantil para o curso 2024-2025 (15/07/2024)
- Listaxe provisional de admitidos/as nas solicitudes presentadas fóra do prazo ordinario (09/08/2024)
- Listaxe de agarda para o curso 2024-2025 (10/12/2024)