EXPOSICIÓN
DE PINTURA
Encontro Literario e Artístico “Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes”
Desde 08/10/2024 ata 20/10/2024
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, organiza neste mes de outubro o I Encontro Literario e Artístico “Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes”, que terá lugar os días 17 e 18 de outubro, a partir das 19:00 horas, na zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. O prazo para as inscricións está aberto ata completar a capacidade.
Este encontro complétase con dúas exposicións. Unha, de fotografía, estará situada no vestíbulo do Pazo provincial; inaugúrase o venres 4 de outubro, ás 12 horas, e permanecerá aberta ata o xoves 31 de outubro; nela amosaranse as obras gañadoras das últimas sete edicións dos Premios Provinciais á Xuventude. Outra, de pintura, inaugúrase o martes 8 de outubro, ás 17:30 horas, na antesala da zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, e permanecerá aberta ata o 20 de outubro de 2024; nela incluiranse os cadros realizados polas seguintes persoas:
- Sofía Muñiz Somoza
- Título da 1.ª obra: A sinalar a ría (2024)
- Técnica: colaxe analóxica sobre lenzo
- Materiais: de uso cotián (descartes de teas, recortes de papeis, cartolinas…)
- Título da 2.ª obra: Simbiose (2022)
- Técnica: colaxe analóxico sobre lenzo
- Título da 1.ª obra: A sinalar a ría (2024)
- Laura López Ignacio
- Título da 1.ª obra: Rastro (2022)
- Técnica: óleo sobre lenzo
- Materiais: pintura ao óleo
- Título da 2.ª obra: Blur II (2018)
- Técnica: grafito sobre papel
- Título da 1.ª obra: Rastro (2022)
- Ainhoa Lage Moldes
- Título da 1.ª obra: Vuela
- Técnica: óleo sobre lenzo
- Título da 2.ª obra: Libre bajo el cielo
- Técnica: acrílico sobre lenzo
- Título da 1.ª obra: Vuela
- Daniel Jácome Rodríguez
- Títulos das obras: Autopía (azul) e Clash (vermello)
- Técnica: acrílico sobre lenzo
- Títulos das obras: Autopía (azul) e Clash (vermello)
APUNTAMENTO BIOGRÁFICO
- Sofía Muñiz. Cambados
Profesora de Lingua Galega e Literatura e afeccionada ás artes plásticas, á escritura e á fotografía. - Laura López Ignacio. Marín
Artista pictórica, licenciada en Belas Artes en Pontevedra. Malia traballar distintas técnicas, o seu principal interese é o óleo, que empezou a dominar durante a súa etapa universitaria. Na súa obra pódese observar a tendencia ao cotiá. Cun estilo fotorrealista, céntrase na importancia da luz e da cor, influencia da pintura impresionista. - Daniel Jácome Rodríguez, Vigo
Licenciado en Belas Artes en Pontevedra, cursou tamén o Máster en Educación. - Ainhoa Lage Moldes, Pontevedra
Esta exposición está coordinada por Fátima Cobo Rodríguez, responsable de exposicións do Museo.