null Edificio Castelao

A DEPUTACIÓN

Edificio Castelao

información

  • Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, esquina Sierra - 36002
  • 986 804 100

Servizos

O Edificio Castelao atópase na horta da Compañía de Xesús, detrás da igrexa parroquial de San Bartolomeu e do Edificio Sarmiento, co que se comunica.

As obras iniciáronse en 2004 e foron sufragadas grazas a un protocolo asinado en 2000 polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación de Pontevedra.

A incorporación deste novo edificio ó Museo de Pontevedra representa a dotación de dez mil metros cadrados máis para salas de exposicións, tanto permanentes coma temporais, talleres de restauración, auditorio con capacidade para duascentas persoas, aparcadoiro e cafetería.