Vontade

Vontade

A asociación de persoas con discapacidade Vontade é una entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que naceu en 2003 grazas ao impulso dun grupo de persoas con discapacidade que quería darlles solución ás súas problemáticas comúns.

Obxectivo

Esta asociación dedícase a fomentar as capacidades das persoas e a proporcionarlles apoio para a súa autorrealización persoal. Este labor desenvólvese nun centro de recursos para persoas con discapacidade, situado no concello de Tomiño. Este, ademais de estar totalmente equipado e de ser completamente accesible, conta cun xardín no que se desenvolven diferentes actividades terapéuticas.

Actuacións

Servizo de atención diúrna terapéutica: coa acción conxunta centrada na persoa dos servizos de Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Terapia Ocupacional, Psicoloxía, Atención Sociosanitaria, obradoiros, lecer e tempo libre, información e asesoramento, y transporte adaptado, contribúese a mellorar a situación e a calidade de vida das persoas. Ofrécese atención durante 40 horas semanais de luns a venres.

  • Terapias individuais: as persoas con discapacidade e as súas familias poden acceder a sesións especializadas nas seguintes áreas:
    • Terapia Ocupacional
    • Educación Social
    • Traballo Social
    • Fisioterapia
    • Logopedia
    • Psicoloxía
  • Atención á infancia: neste servizo proporciónaselles atención individualizada ás nenas, nenos e ás súas familias para previr ou diminuír a discapacidade e o seu impacto e tamén se lles dan ferramentas para abordar as necesidades da infancia do xeito máis adecuado. Ademais, ofrécese información e asesoramento, xestión e orientación de recursos e servizos, e acompañamento e apoio durante todo o proceso infantil.

Datos de contacto

Barrio A Rocha, 19B, 36740 Tomiño