TDAH Salnés

TDAH Salnés

TDAH Salnés é unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais, pais e familiares de nenas e nenos con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), así como por persoas adultas afectadas por este e outros trastornos asociados.

Obxectivo

O obxectivo desta asociación é prestarlles atención especializada ás persoas que padecen TDAH, ademais de proporcionarlles as terapias, os apoios, a formación e a información que precisen.

Tamén pretende darlles visibilidade a este trastorno e ás súas comorbilidades, e defender os dereitos das persoas con TDAH para así facilitar a súa integración na sociedade en atención á diversidade.

Actuacións

  • Intervención
    • Detección e diagnóstico clínico
    • Intervención individual, grupal e familiar
    • Intervención psicopedagóxica
    • Orientación familiar
    • Formación e escolas de familias
    • Obradoiros de comunicación e linguaxe
    • Dinámicas de estudo e atención ás dificultades de aprendizaxe
    • Escola de adolescentes
    • Obradoiros infantís de apoio á intervención psicopedagóxica
  • Sensibilización
    • Xornadas anuais Alza a túa Voz contra o Acoso Escolar e o Bullying e Ti Tamén Formas Parte do TDAH
    • Charlas e conferencias sobre TDAH e acoso escolar para entidades públicas e privadas
    • Visibilidade do trastorno

Datos de contacto

Pavillón Castelao, 1.ª planta, 36600 Vilagarcía de Arousa