Taller de Solidaridad
Taller de Solidaridad é unha fundación española que naceu da man da Congregación das Servas de San Xosé e que cre que o acceso ao traballo digno e á formación son as claves para impulsar a igualdade e a xustiza social dos colectivos máis vulnerables e, en especial, das mulleres. Apoia proxectos que permiten mellorar as condicións de vida destas persoas e traballa en liña con tres dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas:
- ODS 5 Igualdade de xénero. Lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as mulleres e as nenas
- ODS 8 Traballo decente e crecemento económico. Promover o crecemento económico inclusivo e sostible, o emprego e o traballo decente para todas as persoas
- ODS 12 Produción e consumo responsables. Garantir modalidades de consumo e produción sostibles
Desde 2001 a fundación chegou a máis de quince países de seis continentes, apoiou máis de 300 programas que beneficiaron máis de 350.000 persoas e contribuíu a sensibilizar e educar, especialmente a mocidade, grazas ao voluntariado e ás súas iniciativas de sensibilización e educación para a cidadanía global.
Datos de contacto
Rúa Lope de Rueda 46, 2.º E, 28009 Madrid