Proxecto Home Galicia

Proxecto Home Galicia

En 1990 Proxecto Home Galicia abriu as súas portas na comunidade autónoma galega como programa educativo-terapéutico, libre de drogas, encamiñado á rehabilitación e á reinserción social de persoas adictas.

É unha entidade especializada en atender de xeito integral as persoas e as familias que demandan axuda por problemáticas de adiccións. Para iso, desenvolve programas de prevención e rehabilitación, e ofrece unha alternativa eficaz e adaptada.

A finalidade última desta entidade é que a persoa afectada abandone a súa adicción, recupere o protagonismo da súa vida, logre o seu crecemento persoal e se reinsira na sociedade de xeito autónomo, satisfactorio e saudable.

Actuacións

Proxecto Home Galicia dispón de seis centros en Galicia: Santiago de Compostela (1990), Cernadas (1990), Vigo (1993), Ourense (1997), A Coruña (1998) e a Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar en Ourense (2001).

A entidade conta cos seguintes servizos e programas:

  • Avaliación e diagnose
  • Programa base ou programa tradicional
  • “Comunidade terapéutica urbana”
  • “Comunidade terapéutica intrapenitenciaria”
  • Programa de patoloxía dual
  • Programa para persoas alcohólicas
  • Programa de rehabilitación e inserción social para persoas adictas a psicoestimulantes (cocaína e outras drogas)
  • Programa de ludopatías
  • Programa educativo para mozas e mozos e adolescentes
  • Programa para mulleres embarazadas ou con fillas e fillos a cargo
  • Programas de prevención escolar e familiar

Datos de contacto

  • Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia

Rúa do Cottolengo 2, 15702 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 573 020

  • Centro de Vigo

Avenida Ramón Nieto 245, 36205 Vigo

Teléfono: 986 374 646

  • Centro de Ourense

Rúa Pazo de Guizamonde s/n, 32001 Ourense

Teléfono: 988 371 192

  • Centro de A Coruña

Rúa Copenhague 1, 15008 A Coruña

Teléfono: 981 295 432