Lar pro Saúde Mental

Lar pro Saúde Mental

Lar pro Saúde Mental é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxectivo proporcionarlles unha atención integral ás persoas con trastorno mental grave e a menores con problemas de conduta a través de recursos residenciais e programas.

Persoas destinatarias

  • Persoas con idades comprendidas entre os 17 e os 60 anos con algún trastorno mental grave
  • Persoas con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos con problemas de conduta ou dificultades emocionais

Actuacións

A asociación busca mellorar a calidade de vida das persoas con algunha enfermidade mental e a das e dos menores con problemas de conduta a través da intervención psicolóxica e da participación en programas educativos, terapéuticos, sociais, laborais e de rehabilitación cognitiva.

Recursos

  • Minirresidencia de persoas adultas
  • Centro Terapéutico de Menores Chavea
  • Pisos protexidos
  • Centro Especial de Emprego Servilar

Programas

  • Programas de voluntariado
  • Apoio á inclusión sociolaboral
  • Servizo de orientación laboral
  • Apoio integral a familias
  • Calidade de vida no domicilio
  • Programas formativos en competencias técnicas laborais
  • Colaboracións con universidades e centros académicos
  • Programas sobre a prevención do suicidio

Datos de contacto

Rúa Muíño Novo 1-3, 36613 A Laxe (Vilagarcía de Arousa)

Facebook | https://www.facebook.com/larprosaludmental

Instagram | https://www.instagram.com/larprosaludmental/

LinkedIn (Servizo de Orientación Laboral) | www.linkedin.com/in/orientación-laboral-lar-pro-saúde-mental-3052b5218