Instituto Gallego de TDAH y Trastornos Asociados

Fundación INGADA
Instituto Gallego de TDAH y Trastornos Asociados

Obxectivo

O Instituto Gallego de TDAH y Trastornos Asociados (Fundación INGADA) naceu en 2014 en Galicia coa finalidade de prestarlles unha asistencia integral ás persoas afectadas polo trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e outros asociados, coma os do neurodesenvolvemento, os afectivos ou do comportamento, dada a elevada prevalencia destas patoloxías na sociedade e a falta de servizos existentes a nivel clínico, educativo, social, familiar ou laboral. Esta fundación aplica os criterios de equidade e accesibilidade nos seus servizos, e toma as medidas necesarias para que ningunha persoa afectada poida deixar de beneficiarse por razóns xeográficas, económicas ou sociais.

Actuacións

  • Asistencia integral no TDAH
    • Asistencia médica e psicolóxica para as persoas afectadas
    • Asistencia psicolóxica para as familias
    • Orientación laboral e académica
  • Conexión entre recursos dispoñibles na comunidade (públicos e privados)
  • Referente nacional e internacional grazas á:
    • Investigación e transferencia de coñecemento
    • Actualización de servizos e xestión
    • Fundación en medicina baseada na evidencia
  • Docencia: formación para todos os colectivos e persoas que, directa ou indirectamente, estean relacionadas co TDAH ou cos trastornos asociados, tanto no ámbito do profesional coma no persoal (pediatras, médicas e médicos de familia, docentes, xuízas e xuíces, policías, gardas civís, xornalistas, pedagogas e pedagogos, universitarias e universitarios...)
  • Difusión:
    • Presentación de estudos en reunións e comités científicos nacionais e internacionais
    • Desenvolvemento de contidos formativos e informativos arredor do TDAH
  • Responsabilidade social:
    • Fortalecemento do voluntariado
    • Asistencia en situacións de crise, exclusión social…

Poboación destinataria

Todas aquelas persoas con algún trastorno por déficit de atención e hiperactividade ou en proceso de valoración, de todas as idades (nenas, nenos, adolescentes e persoas adultas).

Datos de contacto

Rúa Federico García 2, baixo (edificio SARquavitae), 15009 Matogrande (A Coruña)