Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo

FRIAT
Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo

A Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á atención integral das persoas con enfermidade renal, que aborda non só os aspectos clínicos, senón todos aqueles persoais e sociais que contribúen a unha mellor evolución da enfermidade. Conta con dezaoito centros nas comunidades de Madrid, Galicia e Castela e León; moitos deles situados en pequenas localidades para achegarlles o tratamento e a atención ás e aos pacientes.

Na provincia de Pontevedra FRIAT conta con tres centros:

Actuacións

Como entidade de iniciativa social, os servizos que FRIAT lles ofrece na provincia de Pontevedra ás persoas vulnerables con enfermidade renal en tratamento de diálise son:

  • Asistencia psicolóxica
  • Apoio social
  • Programas de exercicio intradiálise
  • Asesoramento nutricional
  • Formación
  • Inserción laboral
  • Fondo social de axuda
  • Pisos de acollida
  • Obradoiros de desenvolvemento persoal e de estimulación cognitiva
  • Obradoiros de cociña
  • Actividades de lecer e tempo libre
 

Datos de contacto

  • Centro Os Carballos I. Avenida de Ramón Nieto 126, baixo interior, 36205 Vigo. Teléfono: 986 265 712. Correo electrónico: dcarneiro@friat.es
  • Centro Os Carballos II. Avenida de Galicia 14, local, 36400 O Porriño. Teléfono: 986 090 008. Correo electrónico: mburgos@friat.es
  • Centro Teixedal. Rúa da Ponte 93, 36500 Lalín. Teléfono: 986 090 170. Correo electrónico: cotero.moral@friat.es