Fundación para la Pesca y el Marisqueo
FUNDAMAR
- Vigo
- 986 433 844 (ext. 8)
- fundamar@fundamar.org
- www.fundamar.org
A Fundación para la Pesca y el Marisqueo (FUNDAMAR) naceu en 2010 cun marcado carácter laboral e está composta pola patronal Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) e polos sindicatos UGT e CC. OO., que conforman a maioría da representación no ámbito social e económico da pesca marítima e do marisqueo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto e persoas destinatarias
O propósito da fundación é crear, impulsar, dirixir ou participar en proxectos ou actuacións que teñan por finalidade mellorar as condicións sociais das e dos traballadores, das organizacións e das empresas relacionadas ou dependentes do sector da pesca e do marisqueo.
A poboación destinataria é o sector pesqueiro e marisqueiro, en particular, e a sociedade, en xeral.
Actuacións
FUNDAMAR realiza, entre outras, as seguintes actuacións:
- Facilitar e promover as condicións de acceso ao emprego baixo criterios de igualdade e equidade; implementar os procesos de prevención de riscos laborais; deseñar e desenvolver os temas relacionados coa seguridade e coa saúde no traballo e na formación marítima con perspectiva de xénero; implantar os procesos de calidade e medio mariño; así como mellorar a produtividade, a sostibilidade e, as condicións socioeconómicas dos sectores da pesca e do marisqueo.
- Fomentar a economía social e impulsar a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a investigación científica.
- Divulgar e promover programas e accións do patrimonio cultural histórico e natural, tanto material coma inmaterial, do ámbito marítimo-pesqueiro e do marisqueo a través de programas e proxectos de carácter promocional e turístico.
- Impulsar e promover servizos e programas para fomentar a igualdade de xénero e oportunidades, a acción social, a asistencia e a plena inclusión de mulleres e homes no sector marítimo-pesqueiro e marisqueiro, incluídos os colectivos vulnerables e en situación de risco de exclusión.
- Promover a colaboración con organizacións de carácter nacional ou supranacional e a cooperación para o desenvolvemento.
- Promover o desenvolvemento sostible dos sectores da pesca e do marisqueo.
Datos de contacto
Porto pesqueiro, s/n, edificio Ramiro Gordejuela, 36202 Vigo