Fundación Lar Pro Salud Mental
- Vilagarcía de Arousa
- 986 502 571
- fundación@lar.org.es
- larprosaludmental.com
Obxecto da entidade
O seu fin primordial é promover a rehabilitación e a integración social das persoas con trastorno mental grave e persistente (TMGP); promover e fomentar actividades dirixidas á integración e a paliar as deficiencias das persoas con TMGP; así como desenvolver programas residenciais (pisos protexidos, mini residencias e outras estruturas intermedias) que potencien actividades de terapia ocupacional e formación. Así mesmo, ten como finalidade rehabilitar socialmente a menores con trastorno de conduta a través de técnicas psicolóxicas, educativas e tratamento psiquiátrico, procurando a reinserción sociofamiliar e educativa e laboral das e dos menores.
Persoas destinatarias
Persoas que padecen TMGP e as súas familias.
Actividades/Servizos
- Programas na mini residencia de persoas adultas
- Conciencia e coñecemento da enfermidade
- Rehabilitación de capacidades cognitivas
- Adestramento de habilidades sociais
- Cognición social
- Autocontrol emocional
- Manexo de conflitos e resolución de problemas
- Integración comunitaria
- Habilidades da vida diaria
- Programas nos pisos protexidos
- Psicoeducación: conciencia e coñecemento da enfermidade
- Rehabilitación de capacidades cognitivas
- Mellora de habilidades sociais
- Autocontrol emocional
- Integración comunitaria
- Habilidades da vida diaria
- Centro terapéutico de menores Chavea
- Educación en valores
- Igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero
- Aprendizaxe e apoio escolar
- Tecnoloxías da información, a súa comunicación e o seu uso seguro e responsable
- Educación medioambiental
- Ocio
- Promoción da conduta psicosocial e altruísta
- Habilidades da vida diaria
- Competencia social, adestramento en solucións de problemas e habilidades sociais
- Intervención familiar
- Desenvolvemento da intelixencia emocional
- Promoción do uso de técnicas de autocontrol
- Prevención do malestar e da violencia
- Atención a menores maltratadoras e maltratadores
- Intervención en violencia filioparental ascendente
- Educación para a saúde
- Prevención do consumo de drogas e condutas aditivas
- Educación afectivo-sexual
- Motivación, formación e orientación para a inserción laboral
- Preparación para a vida independente
- Outros programas
- Calidade de vida no domicilio: procurar favorecer a permanencia das persoas con trastorno mental na súa contorna habitual e promover a autonomía e a calidade de vida
- Programa “VIDA-S: Vixiantes de axuda en seguimento. Prevención da conduta suicida en menores do sistema de protección”: formar profesionais de centros de protección de Galicia para previr e detectar condutas autolíticas das e dos menores mediante o seguimento e a supervisión
- Apoio á inclusión sociolaboral e TIC: executar un plan de apoio á inclusión sociolaboral destinado a mellorar a empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica mediante itinerarios de inclusión básica, con formación en competencias clave e alfabetización dixital
- Programa de orientación laboral: levar a cabo accións de información, orientación, motivación e acompañamento na procura de emprego a persoas con TMGP, así como realizar accións de prospección laboral en empresas públicas da contorna
- Proxecto “Fórmate como voluntaria ou voluntario en saúde mental”: a fomentar a participación de persoas voluntarias en actividades sociais, culturais ou deportivas para establecer unha rede de apoio social, reducir o estigma e favorecer a integración social de persoas con TMG
Datos de contacto
- RUEPSS: E-1077
- Enderezo
- Vilagarcía de Arousa: Rúa Muíño Novo 3, A Laxe, Vilagarcía de Arousa
- Horario de atención
- Atención permanente as 24 horas do día