Fundación Isidre Esteve
- Vigo
- 637 689 609
- centroponte@fundacioisidreesteve.org
- fundacioisidreesteve.org
Misión
A misión da Fundación Isidre Esteve é fomentar a autonomía persoal e a mellora da saúde e da calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente daquelas con discapacidade física e dificultades de mobilidade, mediante a actividade deportiva como medio de transmisión do espírito de superación e motivación e de mellora da condición física.
Actuacións
- Servizos para e coas persoas. Centros de promoción da autonomía persoal e da mellora da condición física, da saúde e da calidade de vida das persoas con discapacidade física e dificultades de mobilidade, con sesións presenciais e virtuais.
- Formación especializada de profesionais nos ámbitos da actividade física ou fisioterapia para que poidan atender as necesidades das persoas con discapacidade física e dificultades de mobilidade nos centros ordinarios de actividade física e deporte da comunidade.
- Participación en e coa comunidade. Xornadas de deporte inclusivo accesible e actividades de sensibilización e concienciación sobre a inclusión social de todas as persoas independentemente das súas capacidades.
- Investigación, innovación e coñecemento para crear recursos e servizos que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade física e dificultades de mobilidade.
Datos de contacto
Estrada do Vao (campo de fútbol do Coruxo F.C.), 36331 Coruxo (Vigo)