Fundación Grandes Amigos

Fundación Grandes Amigos

A Fundación Grandes Amigos é unha organización non gobernamental de voluntariado, de ámbito estatal, fundada en 2003, que está presente en Vigo desde 2017. Acompaña as persoas maiores en risco ou situación de soidade e loita polos seus dereitos. Contribúe a que poidan envellecer con saúde, benestar e dignidade, e faino a través de diferentes programas de acompañamento afectivo, socialización e sensibilización. A fundación prevén e aborda a soidade das persoas maiores mediante a creación de vínculos de veciñanza, apoio mutuo e amizade, mentres que sensibiliza a sociedade sobre a importancia dun envellecemento digno. O seu propósito é mellorar o benestar das persoas maiores tecendo redes sociais. Busca achegar solucións reais para contribuír a construír unha sociedade que coide, inclúa e trate en igualdade a todas as persoas, con independencia da súa idade. Por último, os valores que guían a súa acción son a dignidade, a solidariedade e a amizade.

Persoas destinatarias

A fundación está dirixida a persoas maiores en situación de soidade non desexada.

Actuacións

  • Acompañamento presencial: cada semana é posible tecer unha amizade recíproca cunha persoa maior, na súa casa ou residencia, para charlar, compartir un café ou un paseo.
  • Acompañamento telefónico: apoio afectivo a distancia para persoas maiores para charlar, evadirse ou sentir a compañía dunha voz amiga.
  • Socialización: lecer interxeracional en grupo para ampliar o círculo de amizades a través de encontros no barrio, merendas, saídas culturais, obradoiros, festas, vacacións de verán etc.
  • Programa “Grandes vecinos”: recupéranse as relacións veciñais de toda a vida no barrio. A mellor forma de previr a soidade das persoas maiores e das que aínda non o son.
  • Sensibilización: difunden campañas a favor dos dereitos e da dignidade das persoas maiores e en contra dos estereotipos que alimentan a soidade e a discriminación por idade.

Datos de contacto

Rúa Ferrería 33, baixo, 36202 Vigo