Fundación Formavigo

Obxecto e persoas destinatarias

A Fundación Formavigo é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu para desenvolver iniciativas de inserción laboral, en cooperación coa Administración pública e coa empresa privada, para darlles apoio ás necesidades das e dos demandantes de emprego que se atopan en especial dificultade.

Tece redes e realiza proxectos sociais que poidan contribuír a unha sociedade máis forte, cohesionada e solidaria, con especial interese na calidade de vida das persoas maiores e da mocidade.

Actuacións

Área de Orientación Laboral

  • Facilita apoio, reorientación e reinserción laboral a través do asesoramento e do desenvolvemento de competencias.
  • Promove o desenvolvemento de habilidades para a procura de emprego a través de obradoiros grupais de competencias sociais.
  • Orienta sobre as accións formativas, encamiñadas á toma de decisións para o futuro profesional.
  • Oferta un servizo de intermediación laboral que proporciona candidaturas acordes cos perfís tramitados.

Área de Formación: el programa “Formaemprega”

Realiza cursos formativos que buscan formar en profesións ou traballos que poidan inserir laboralmente as persoas. Estas formacións van acompañadas de prácticas nas empresas que faciliten a súa posterior inserción laboral.

Área de Igualdade

Desenvolve liñas específicas destinadas á formación e á inserción sociolaboral das mulleres e o seu acceso a sectores masculinizados, e á sensibilización, así como accións pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Área de Inclusión Social

Promove proxectos e o traballo en rede que favorezan a inclusión social dos distintos colectivos pensando na realidade de Galicia, a cal é principalmente rural e conta cunha poboación altamente envellecida.

Datos de contacto

Avenida Beiramar 171, 36208 Vigo