Fundación Esplai
Obxecto
A misión da Fundación Esplai é promover o apoderamento cidadán e o seu compromiso coa mellora da sociedade, desde a perspectiva dos dereitos, da inclusión e da transformación social, e presta especial dedicación a fomentar a participación da mocidade. Lévase a cabo mediante a intervención social comunitaria, a acción socioeducativa e a inclusión no eido das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), traballando en rede co terceiro sector e co resto de axentes sociais.
Persoas destinatarias
En Galicia a Fundación Esplai ten como principal destinataria a poboación en risco ou situación de exclusión social previstos na Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Concretamente, no 2022 dirixiuse a infancia e a persoas maiores, con discapacidade, migrantes e tamén adultas en situación de exclusión social.
Actuacións
A súa actividade céntrase en fomentar competencias dixitais que permitan o desenvolvemento dunha cidadanía activa nas contornas dixitais. Desenvolve o seu labor a través dos seguintes proxectos:
- Persoas maiores e tecnoloxía: “TIC para o benestar das persoas maiores”.
- Persoas migrantes e tecnoloxía: “Nós Interculturales a través das TIC”.
- Infancia e tecnoloxía: “Infancia conectada”
- Persoas con discapacidade e tecnoloxía: “TIC TAC capacitación dixital”.
- Persoas en situación de exclusión social e tecnoloxía: “Redución da fenda dixital a través do smartphone”.
- Xénero e tecnoloxía: “BITaminadas” e “ChicasInTech”.
Datos de contacto
Rúa do Areal 138, oficina 7, 36201 Vigo