Fundación Amigos de Galicia

Fundación Amigos de Galicia

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen fins lucrativos, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais.

O seu principal ámbito de actuación é o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto e persoas destinatarias

A misión da fundación é atender as persoas en situación ou risco de exclusión social a través de diferentes programas integrais desenvolvidos por profesionais co obxectivo de acadar a  inclusión social e laboral das persoas.

Actuacións

  • Servizo de Orientación Laboral: realízanse accións encamiñadas á inserción laboral e á formación de persoas en idade laboral en Galicia, e dáselles especial importancia ás persoas en situación ou risco de exclusión social que precisen acompañamento na procura de emprego.
  • Plan integral de loita contra a pobreza e a exclusión social: ten como principal obxectivo garantir a cobertura das necesidades básicas e o estado de benestar dos colectivos en situación de vulnerabilidade.
  • Programas específicos para mulleres en situación de vulnerabilidade ou vítimas violencia de xénero: a través dos diferentes programas que a entidade leva a cabo proporciónase asesoramento social, psicolóxico, xurídico ou laboral para tentar mellorar a situación persoal, social ou laboral destas mulleres.
  • Atención psicolóxica: o obxectivo do Servizo de Psicoloxía é acadar o benestar emocional das usuarios e dos usuarios a través de valoracións psicolóxicas co fin de detectar e identificar os principais focos de malestar e factores de risco.
  • Programas de igualdade: promoción da igualdade entre mulleres e homes, e prevención e loita conta a violencia de xénero.
  • “Mellor acompañad@”: programa de atención ás persoas maiores de 65 anos, con especial atención a aquelas que viven soas.
  • “Dixitalízate con nós”: cobertura de liña de internet, material informático e educación virtual para as e os menores en situación de risco ou exclusión social de Galicia.
  • Voluntariado: sensibilización, captación e formación de persoas voluntarias.

Datos de contacto

Edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Benito Corbal, 36001  Pontevedra

Avenida de Matosinhos 2, 36600  Vilagarcía de Arousa