Fondo das Nacións Unidas para a Infancia - Comité de Galicia
Unicef
- Santiago de Compostela
- 913 788 604
- galicia@unicef.es
- www.unicef.es/gal
O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) desempeña o seu labor en máis de 190 países e territorios para protexer os dereitos de todas as nenas e nenos baixo o paraugas da Convención sobre os dereitos do neno, seguindo outras follas de ruta mundiais coma a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller e a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
Unicef leva a cabo en cada país programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento e de axuda humanitaria que abordan temáticas clave para garantir os dereitos das nenas e nenos en calquera lugar do mundo, así como alianzas e políticas públicas a favor da infancia. Esta organización tamén está comprometida coa protección, coa educación e coa supervivencia de todas as nenas e nenos durante as emerxencias. Está presente antes, durante e despois destas, anticipando solucións, incidindo nas causas da vulnerabilidade e buscando a recuperación das poboacións afectadas.
Co fin de contribuír ao cumprimento dos obxectivos globais de Unicef España, a súa misión é mobilizar recursos, tanto públicos coma privados, destinados a financiar os programas de Unicef en países en desenvolvemento, así como sensibilizar a cidadanía da situación que vive a infancia en moitos lugares do mundo. Tamén promove e defende os dereitos das nenas e nenos que viven na Comunidade Autónoma de Galicia a través de accións de incidencia política, baseada no traballo de análise e investigación sobre políticas públicas e a situación da infancia, así como accións para a educación sobre dereitos de infancia.
Actuacións
- Sensibilización e políticas de infancia
- Cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria
- Alianzas corporativas
- Comunicación e márketing
Datos de contacto
Rúa Galeras 13, 2.º, oficina 5, 15705 Santiago de Compostela