Banco de Alimentos Rías Baixas
- Sanxenxo
- 886 164 629
- secretaria@bancodealimentosriasbaixas.com
- bancodealimentosriasbaixas.com/
O obxectivo do Banco de Alimentos Rías Baixas é recoller alimentos tanto de orixe pública coma privada e repartilos gratuitamente entre as institucións benéficas da provincia de Pontevedra sen distinción de credos nin filiacións políticas ou relixiosas para que esas, á súa vez, os distribúan entre as familias necesitadas e en estado de exclusión social.
Misión
A súa misión é distribuír a axuda alimentaria dunha maneira ética, responsable, solidaria e equitativa.
Persoas destinatarias
Está dirixido a lactantes menores de 2 anos, adolescentes, mulleres maltratadas, maiores de 65 anos, persoas discapacitadas, exreclusas e exreclusos, minorías étnicas, enfermas e enfermos crónicos, persoas drogodependentes, alcohólicas, afectadas por VIH ou sida, inmigrantes, refuxiadas e relixiosas.
Actualmente axuda os seguintes concellos da provincia de Pontevedra:
Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Meaño, Cambados, Ribadumia, Vilanova, Sanxenxo, O Grove, Poio, Pontevedra, Marín, Cangas e Ponte Caldelas; inclúense os servizos sociais dos concellos, Cáritas e calquera organización non gobernamental que teña a súa sede neles.
Datos de contacto
A Fianteira, 10, 36990 Vilalonga (Sanxenxo)