Autismo Vigo
- Vigo
- Sede social: 986 437 263 / Residencia O Salgueiro: 986 363 061
- autismovigo@gmail.com
- www.autismovigo.org/
Autismo Vigo é unha asociación de nais e pais de persoas con trastornos do espectro autista (TEA) que se constituíu o 21 de xaneiro de 1999. Foi declarada de utilidade pública polo Ministerio do Interior o 14 de abril de 2003.
Obxectivo
O seu obxectivo é dignificar a vida das persoas con TEA, protexer os seus dereitos e tratar de crear servizos que lles axuden a elas e ás súas familias. Ademais, tamén se organizan actividades de servizos sociais dirixidas a estas persoas.
Actuacións
- Residencia de adultos con TEA en Vincios (Gondomar)
- Actividades de lecer e respiro familiar
- Orientación ás familias
- Cursos de formación
- Actividades de concienciación sobre os TEA
- Participación na Xunta Directiva da Federación Autismo Galicia
Datos de contacto
Avenida das Camelias 108, ent. 2, 36211 Vigo