Asociación Xaruma
- Vigo
- 698 142 158 - 986 127 949
- xarumaorg@gmail.com
- xaruma.org
Obxecto da entidade
Xaruma é unha entidade de iniciativa social e aconfesional sen ánimo de lucro que traballa principalmente no ámbito da saúde mental, na participación comunitaria e na integración de todas as persoas. Leva a cabo un proxecto de fomento da saúde mediante formación destinada a persoas de diferentes idades e dirixida á integración e promoción da saúde mental das persoas con trastornos mentais e as súas familias. O seu obxectivo principal é potenciar a autonomía e favorecer os hábitos prelaborais para integrar as persoas con discapacidade ou desempregadas na comunidade a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais e, ao mesmo tempo, promover a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice as persoas para o encontro social e a promoción da saúde.
Áreas de intervención
- Área de formación
- Área de integración social
- Área de emprego
- Área de participación
- Área de normalización lingüística
- Área de igualdade
Persoas destinatarias
Persoas con trastornos mentais e as súas familias.
Xestión da calidade
- ISO 9001 por EQA co seguinte alcance:
- Organización de actividades dirixidas á integración social de persoas con discapacidade no ámbito da saúde mental
- Deseño e impartición de accións formativas para a integración social e laboral de persoas con discapacidade
- Promoción de actividades de participación cidadá mediante a animación sociocultural e o voluntariado
Principais proxectos
- “Naturalmente”: proxecto de acompañamento, respiro familiar e fomento da autonomía
- “Fiares”: proxecto de intervención familiar no eido da saúde mental
- “Mentalízate”: proxecto de dinamización sociocultural e integración social para o fomento do voluntariado
- Proxectos formativos para persoas con discapacidade de diversas idades
- Divulgación e concienciación en centros educativos e asociacións xuvenís
Datos de contacto:
- RUEPSS: E-5490
- Enderezo
- Vigo: Teis, Vigo
- Horario de atención telefónica
- De martes a venres: de 10:00 a 14:00 h
- De martes a venres: de 16:00 a 17:30 h