Asociación Viguesa de Alcohología

ASVIDAL
ASVIDAL

A Asociación Viguesa de Alcohología (ASDIVAL) creouse en xullo de 1983 e funciona como unha unidade asistencial de alcoholismo e outras adiccións legais (xogo, compras, tecnoloxías da información e da comunicación ou tabaco, entre outras).

É un centro especializado e profesional que non só desenvolve un labor asistencial para as usuarias e usuarios e as súas familias, senón que tamén leva a cabo programas de información, prevención, formación e investigación.

Funcións

Entre as súas funcións atópanse:

  • Servir como centro especializado na atención á dependencia do alcol e outras condutas adictivas
  • Servir como centro de información ás e aos cidadáns e profesionais sobre os problemas asociados ás condutas adictivas.
  • Levar a cabo programas de colaboración e formación coa atención primaria de saúde e cos servizos sociais.
  • Deseñar e executar programas de prevención.
  • Programar actividades de formación con diferentes colectivos.
  • Realizar actividades de investigación e acción.

Persoas destinatarias

Está dirixida a todas aquelas persoas pertencentes á área sanitaria de Vigo.

Actuacións

Lévase a cabo un programa de actuación biopsicosocial que á súa vez consta de tres subprogramas:

  • Programa de acollida de información
  • Programa de atención médica
  • Programa de atención psicolóxica
  • Programa de atención social

Datos de contacto

Rúa Escultor Gregorio Fernández 8, baixo, 36204 Vigo