Asociación Sodináutica
O obxectivo da Asociación Sodináutica é facilitar todos os medios posibles para que as persoas con discapacidade física poidan gozar da náutica coa familia e coas amizades sen depender de terceiras persoas. Colabora con entidades públicas e privadas para eliminar as barreiras nas instalacións náuticas, nas embarcacións e nas normativas. Tamén participa na conservación e na divulgación do patrimonio cultural marítimo e fluvial de Galicia.
Persoas destinatarias
Está destinada a persoas con discapacidade física.
Actuacións`
Actividades en encoros, ríos e rías de Galicia.
Datos de contacto
Porto Deportivo s/n, 36940 Cangas