Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas

AGL
Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas

O obxectivo da Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) é contribuír ao coñecemento, ao estudo e á investigación sobre o linfedema, o lipedema, a insuficiencia venosa crónica e outras patoloxías vasculares periféricas, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con estas doenzas e outras patoloxías análogas e a das súas familias.

Persoas destinatarias

Está destinada a persoas con linfedema, lipedema, insuficiencia venosa crónica e outras patoloxías vasculares periféricas e demais patoloxías análogas, e tamén ás súas familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións

  • Servizo de información, orientación e asesoramento en materia de discapacidade.
  • Servizo de orientación en diagnóstico e tratamentos.
  • Servizos profesionais destinados á prevención, ao diagnóstico e ao tratamento das persoas diagnosticadas de linfedema, lipedema e insuficiencia venosa crónica, entre outras, que se acorden con empresas e persoas autónomas.
  • Servizos de ocio e tempo libre
  • Servizos dispensados a través da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI):
    • Prestación de produtos de apoio
    • Asistencia xurídica
    • Servizo de atención sexolóxica (Dedaleira)
    • Emprego e servizo de intermediación laboral (SIL)
    • Asistencia a cursos de formación
    • Participación en programas de ocio

Datos de contacto

Rúa López Ballesteros 13, estación de autobuses, oficina 4, 36600 Vilagarcía de Arousa