Asociación Galega de Hemofilia
AGADHEMO
- Vigo
- 986 281 960
- asogalicia@hemofiliagalicia.com
- www.hemofiliagalicia.com/gl/
A Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) é unha entidade de ámbito autonómico, sen fins de lucro e de utilidade pública que agrupa persoas que teñen algún tipo de coagulopatía conxénita e as súas familias.
Misión
AGADHEMO traballa para conseguir a normalización social e sanitaria e mellorar a calidade de vida das persoas con coagulopatías conxénitas e das súas familias, a través da defensa e a promoción dos seus dereitos e da prestación de servizos de atención integral.
Servizos
- Servicio de atención e información permanente
Atención e información permanente sobre hemofilia e outras coagulopatías conxénitas en toda a comunidade autónoma:
-
- Asesoramento legal
- Fomento de grupos de apoio mutuo entre as socias e os socios da entidade
- Servizo de acompañamento
- Campañas de difusión sobre a enfermidade
- Piso fogar
- Servizo de formación en hemofilia e outras coagulopatías
Dentro do servizo de formación contamos cos seguintes servizos especializados:
-
- Hemoescolas
- VHC e hemofilia
- AcampHemos
- Servizo de apoio asociativo: servizo de apoio especializado con voluntarias e voluntarios e profesionais técnicas e técnicos en psicoloxía ou fisioterapia. Cooperación con outras entidades e desenvolvemento de actividades asociativas (por exemplo, asembleas de socias e socios). Actividades da entidade enfocadas a prestarlles un servizo profesional a demanda a aquelas persoas que así o soliciten
- Fisioterapia
- Psicoloxía
- Acompañamento
- Cooperación entre entidades afíns
Datos de contacto
Delegación de Pontevedra: rúa Doutor Carracido, 128, baixo, 36205 Vigo