Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

AGAELA
AGAELA

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principais obxectivos:

  • Prestarlles apoio e axuda a todas as persoas afectadas por esclerose lateral amiotrófica (ELA) e ás súas familias.
  • Promover investigacións para atopar unha cura para esta enfermidade.

Actuacións

  • Ofrecer un servizo sociosanitario desde un enfoque multidisciplinar e integral que garanta a proximidade, a calidade e a eficacia á hora de satisfacer as necesidades que teñen unha persoa con ELA e a súa familia
  • Sensibilizar os diferentes sectores implicados no proceso da enfermidade, a opinión pública e a Administración sobre os problemas de prevención e tratamento desta enfermidade
  • Estimular e promover a investigación científica para mellorar as posibilidades terapéuticas e rehabilitadoras
  • Dar a coñecer os seus dereitos e beneficios a todos os niveis, tanto a persoas enfermas coma a familiares, e potenciar o uso de todos os canais de información e sistemas de axuda
  • Promover actuacións que favorezan a superación e o alivio das barreiras físicas ou psicolóxicas que implica a enfermidade
  • Cubrir as necesidades de información, asesoramento e orientación

Datos de contacto

  • Sede: Centro Asociativo A Escada. Rúa Manuel Azaña, 2, 15670 Culleredo, A Coruña
  • Delegación: Centro Social de Cangas (ao lado do Concello, na antiga Casa do Mar). Rúa de Cuba, s/n, 36940 Cangas